jueves, 20 de abril de 2017

Lectoraslibroslecturaslectoresoíntesarte - Contacontos I

Lectoraslibroslecturaslectoresoíntesarte por todas partes!!!


Durante as horas de recreo, alumnado voluntario está lendolle aos seus compañeiros e compañeiras. É moi bonito ver como lle gusta desfrutar dun bo libro (que eles e elas escolleron) e do resto da rapazada que os escoita atentos.
As primeiras foron:





         Carla                 Érika        e          Mara
 
 
 
 

Grazas por participar a todos e todas.
Hoxe houbo máis, mañá volo conto. Estade atentos e atentas!

Semana do Libro

Quería lembrarvos que todos os membros da comunidade educativa vos podedes achegar e desfrutar da nosa Bibliobarouta. Puxemos un tenderete para que vexades as novidades que mercamos máis destacadas e outros títulos que consideramos interesantes. Podedes vir e botarlles un ollo por se os queredes emprestar. Agárdovos aquí!











Boas lecturas.



David Pérez Iglesias

Comeza na Bibliobarouta a Semana do Libro e non puido ser de mellor forma.
David Pérez Iglesias,  autor de Todo o tempo do mundo, estivo co alumnado de 5º e 6º EP. Foi una grande experiencia, entrañable e interesante. Dende aquí recoméndovos a todos e todas esta lectura, aínda que sexa un libro xuvenil (Premio Merlín 2016).







Moitas grazas David (Ariadna, Valente, Segundo...)



lunes, 3 de abril de 2017

Mochilas viaxeiras de viaxe

Tamén marchan as primeiras mochilas viaxeiras. Empezamos con esta actividade en segundo de primaria con idea de estendela ao resto de niveis.
 
É una boa actividade para desfrutar en familia. A mochila contén:

- un libro de información de animais.
- un conto sobre animais.
- una poesía.
- una receita.
- un libro con cd musical.
- un DVD de debuxos clásicos.
- una libreta viaxeira para que as familias e o alumnado compartan as súas impresións.

 

Primeiros pasaportes lectores rematados!

O alumnado de 1ºEP Laura e Juan foron os primeiros en vir á bibliobarouta a entregar o seu pasaporte lector.