miércoles, 30 de noviembre de 2016

Remata o mes da Ciencia e o primeiro mes dos axudantes

Rematou o mes da ciencia na BiblioBarouta

Algúns dos títulos que máis gustaron foron estes:



Tamén foi o primeiro mes dos e das axudantes da biblioteca, o certo e que sen eles e elas a biblio non se vería tan ben organizada! Grazas!!


e para o mes que ven, máis e mellor!


domingo, 27 de noviembre de 2016

Contro la violenza sulle donne

Contro la violenza sulle donne... noi bailliamo in piazza!
Contra a violencia de xénero... nós bailamos na praza!

Esta é unha inicitiava da mestra Mariella Baldassarre do I.C. Manzoni - Alighieri (San Marco-Italia) e o trasno enamarañado e todos os que participades neste blog da BiblioBarouta nos sumamos virtualmente a este baile!


Como ben dicían os alumnos e alumnas de 5ºEP do noso centro, A forza do equipo!! Todos xuntos!

sábado, 26 de noviembre de 2016

Videos que nos fan pensar

Estes son dous videos de lecturas de contos que nos farán pensar sobre como vemos aos nenos e nenas.
Eu son un trasniño e vos vexo a todos e todas igual de marabillosos e de capaces. 

Rosa caramelo
Porque non hai chicos e chicas, senón persoas (ou neste caso elefantiños e elefantiñas) e porque non podemos contentar á xente facendo o que eles queren, senón sendo nós mesmos.


Arturo e Clementina
Porque as mulleres no necesitan nada máis que delas mesmas para conseguir o que queren.

Celebremos o día contra a violencia de xénero todos os días! Boas lecturas!


martes, 22 de noviembre de 2016

Cal é a cor das nenas?

O rosa? e por que??
Estes pensamentos desmóntanse nestes marabillosos libros que nos demostran que todos somos iguais.


sábado, 19 de noviembre de 2016

CONCELLOS en Negro

Sumándonos á campaña "Concellos en negro" a nosa BiblioBarouta vístese de negro do venres 18 até o luns 28 de novembro. En negro loitando contra a violencia de xénero, a prol da igualdade e respecto entre todos.

Ademais, dende o Departamento de Orientación recoméndannos unhas lecturas; estade antentos e atentas que o luns vos diremos varios títulos.


Mentras tanto, boas lecturas e boa finde!

VII Xornadas de Bibliotecas Escolares

Un ano máis pendinlle ás miñas mestras axudantes que foran a estas xornadas para traer moitas novas e mellorar así a nosa BiblioBarouta. Foron unha vez máis unhas xornadas moi interesantes.


Unhas das novidades que temos no noso blogue, froito destas xornadas, son as seccións:

AMES+BIBLIOTECAS  Podes ver que fan os compañeiros dos diferentes centros escolares de Ames 
 BUSCA NA NOSA BIBLIOBAROUTA  e tamén podes buscar os fondos que queiras na nosa biblioteca


Que che parece?


martes, 15 de noviembre de 2016

Continuamos coa BiblioCiencia

Aínda non tendes respostas para estas cuestións??!!
Pasade pola BiblioBarouta e poderedes resolver todos estes misterios!


Bento e Bat Pat, a avoa de Tutankamon.

Bento, de 4ºA, explícanos a historia do libro que nos comentaba hai uns días: Bat Pat y la abuela de Tutankamon.


Moitas grazas Bento, boas lecturas!

lunes, 7 de noviembre de 2016

O mundo de Beakman!!!!

Continuamos coa BiblioCiencia! Coñecedes a Beakman?
Pois aquí tendes un video que seguro que vos encanta e ademais ideas aprender un montón!


Tamén vos deixo algúns dos libros que estarán este mes na BiblioBarouta:

No tires de la cadena. Mary e Richard Platt. Blume.
Darwin. La evolución de la teoría. Jordi Bayarri. Jordi Bayarri.
Física divertida para gente curiosa. Tom Adams e Thomas Flintham. SM.
Animalario universal del Profesor Revillod. Fabuloso almanaque de la fauna mundial. Miguel Murrugaren. Fondo de cultura económica.
El gran libro del árbol y del bosque. René Mettler. Juventus

E dos DVDs:
Las aventuras de Sammy. Ben Stassen.
El Oso. Jean-Jaques Annaud.

Boas lecturas!

domingo, 6 de noviembre de 2016

Por se queredes apuntarvos...

Aí van algunhas actividades por se vos queredes apuntar nalgunhas Bibliotecas Públicas Galegas. (As imaxes son pequenas pero se pinchades nelas amplíanse.)

Animádevos! Boas lecturas!

viernes, 4 de noviembre de 2016

Maleta Viaxeira

Cando comezou o curso lin que novembro era o mes da ciencia nas bibliotecas escolares; así que encarguei unha maleta chea de material na Consellería de Educación. Onte fun buscala e mirade que cantidade de material!!!


Hai de todo! Libros de experimentos; sobre animais, prantas; sobre o noso corpo; sobre o espazo; biografías de científicos como Einstein; películas e documentais marabillosos sobre o noso planeta.



Achegádevos cando queirades ate a BiblioBarouta e disfrutade moito destes fondos! Estarán con nós todo este mes de Novembro.

Boas lecturas e feliz fin de semana!

Axudantes de Biblioteca (horario de NOVEMBRO)

De novo unha alegría máis para a BiblioBarouta! Nada máis poñer a listaxe para apuntarse como axudantes da biblioteca no recreo, tiven que poñer outro folio porque o primeiro non chegaba! Hai alumnado dos catro cursos aos que ía destinada esta actividade. Moitísimas grazas rapaces e rapazas!


Onte estiven organizando o voso horario e llo deixei no sobre de correo que tendes nas aulas. De todas formas, hai unha copia na entrada da BiblioBarouta e déixovos outra copia aquí.
De novo, moitas grazas. Así a miña adourada BiblioBarouta vai funcionar moito mellor!!

miércoles, 2 de noviembre de 2016

NOVEMBRO. Mes da ciencia

Novembro é o mes da ciencia nas bibliotecas escolares. Aquí queda o manifesto que presentou a científica convidada deste ano.


Ademais, xa está a lista para apuntarse como axudante da BiblioBarouta na cortiza. Se estás en 4º, 5º e 6º cursos e queres axudarnos na hora do recreo, apúntate!!!