Este é o blogue que a ouriza Lenda escribe para amosarnos todo o que sucede na bilbioteca escolar do CEIP de Barouta; axúdanlle neste traballo as mestras: Anita, María e Marta.
Estou moi contento de contarvos que teremos á nosa primeira conversa cunha autora e ilustrador neste curso. Ademais é unha visita moi especial posto que se trata da nai do compañeiro Nadir. Loly Gómez Oviedo e o ilustrador Alfonso Jiménez García estarán este venres na BiblioBarouta para presentar:
Xa só queda unha semana para o festival de Nadal e todos e todas estamos a preparar actuacións, pero entre tanto hai momento para pasar pola BiblioBarouta. Cada día está máis chea, grazas a todos e todas por vir, especialmente aos axudantes!
E mirade que chula está quedando, lembrade que na entrada, coma sempre poñemos os libros relacionados coas festividades que se celebran e este mes de decembro por partida dobre: O Nadal e Roald Dahl comparten mesa!
A Matilda que está no póster e máis eu falamos todas as noites cando xa marchades. Díxome que está moi contenta porque moitos nenos e nenas lle recomendaron un libro para ela lea.
Por iso recoméndanos xunto coa Equipa de Convivencia do cole, esta curtametraxe preciosa (se queredes ver o video completo podedes emprestalo na BiblioBarouta xunto co libro) e así recordar que o o día 3 de decembro foi o Día Internacional das persoas con discapacidade.
Con este video poderemos aprender moito e deberiamos intentar axudar a todos estes compañeiros e compañeiras ou persoas maiores, animais, que teñen algunha discapacidade, non si?
Este ano que remata en breve é no ano de Roald Dahl. Este marabilloso escritor cumpriría 100 anos. Nós queremos adicarlle este último mes que nos queda para animar á lectura dos seus libros, algúns dos máis emprestados da BiblioBarouta.
Tamén lembramos a Quentin Blake, o ilustrador das súas obras, con estes murais dalgunhas das personaxes principais das súas novelas.
E por se fora pouco, queredes xogar con Matilda?
Como sabemos, a Matilda apaixónalle ler; por que non lle recomendar un libro?
Colle un post-it e deixalle a túa suxerencia.
Eu xa sei a miña; sendo o trasno enmarañado... calquera da colección "Os contos do trasno" de Kalandraka.
Contro la violenza sulle donne... noi bailliamo in piazza!
Contra a violencia de xénero... nós bailamos na praza!
Esta é unha inicitiava da mestra Mariella Baldassarre do I.C. Manzoni - Alighieri (San Marco-Italia) e o trasno enamarañado e todos os que participades neste blog da BiblioBarouta nos sumamos virtualmente a este baile!
Como ben dicían os alumnos e alumnas de 5ºEP do noso centro, A forza do equipo!! Todos xuntos!
Estes son dous videos de lecturas de contos que nos farán pensar sobre como vemos aos nenos e nenas.
Eu son un trasniño e vos vexo a todos e todas igual de marabillosos e de capaces.
Rosa caramelo
Porque non hai chicos e chicas, senón persoas (ou neste caso elefantiños e elefantiñas) e porque non podemos contentar á xente facendo o que eles queren, senón sendo nós mesmos.
Arturo e Clementina
Porque as mulleres no necesitan nada máis que delas mesmas para conseguir o que queren.
Celebremos o día contra a violencia de xénero todos os días! Boas lecturas!
Sumándonos á campaña "Concellos en negro" a nosa BiblioBarouta vístese de negro do venres 18 até o luns 28 de novembro. En negro loitando contra a violencia de xénero, a prol da igualdade e respecto entre todos.
Ademais, dende o Departamento de Orientación recoméndannos unhas lecturas; estade antentos e atentas que o luns vos diremos varios títulos.
Un ano máis pendinlle ás miñas mestras axudantes que foran a estas xornadas para traer moitas novas e mellorar así a nosa BiblioBarouta. Foron unha vez máis unhas xornadas moi interesantes.
Unhas das novidades que temos no noso blogue, froito destas xornadas, son as seccións:
AMES+BIBLIOTECAS Podes ver que fan os compañeiros dos diferentes centros escolares de Ames
BUSCA NA NOSA BIBLIOBAROUTA e tamén podes buscar os fondos que queiras na nosa biblioteca
Aí van algunhas actividades por se vos queredes apuntar nalgunhas Bibliotecas Públicas Galegas. (As imaxes son pequenas pero se pinchades nelas amplíanse.)
Cando comezou o curso lin que novembro era o mes da ciencia nas bibliotecas escolares; así que encarguei unha maleta chea de material na Consellería de Educación. Onte fun buscala e mirade que cantidade de material!!!
Hai de todo! Libros de experimentos; sobre animais, prantas; sobre o noso corpo; sobre o espazo; biografías de científicos como Einstein; películas e documentais marabillosos sobre o noso planeta.
Achegádevos cando queirades ate a BiblioBarouta e disfrutade moito destes fondos! Estarán con nós todo este mes de Novembro.
De novo unha alegría máis para a BiblioBarouta! Nada máis poñer a listaxe para apuntarse como axudantes da biblioteca no recreo, tiven que poñer outro folio porque o primeiro non chegaba! Hai alumnado dos catro cursos aos que ía destinada esta actividade. Moitísimas grazas rapaces e rapazas!
Onte estiven organizando o voso horario e llo deixei no sobre de correo que tendes nas aulas. De todas formas, hai unha copia na entrada da BiblioBarouta e déixovos outra copia aquí.
De novo, moitas grazas. Así a miña adourada BiblioBarouta vai funcionar moito mellor!!
Novembro é o mes da ciencia nas bibliotecas escolares. Aquí queda o manifesto que presentou a científica convidada deste ano.
Ademais, xa está a lista para apuntarse como axudante da BiblioBarouta na cortiza. Se estás en 4º, 5º e 6º cursos e queres axudarnos na hora do recreo, apúntate!!!
Rapazada! Chegou o día da celebración do Samaín no CEIP Barouta. Para esta celebración, como xa sabedes quixen decorar a BiblioBarouta para animar ás actividades que os mestres e mestras prepararon, coa axuda de EDL. Ratos, esqueletos e morcegos compartiron este día con todos nós na biblioteca!
Lola contoulles unhas historias tradicionais aos máis cativos de primaria. María... ía... ía...
Vito preparoulles outra historias para todo Infantil.
E os resto vimos algunhas curtametraxes de terror...
Ademais de deixar as apócemas para escorrentar o medo.
Logo disto saímos ao patio onde estaban todas as nosas cabazas, escoitamos un conxuro que fixeron os maiores e cantamos as cancións que preparabamos. Todo divertido e arrepiante á vez...
Pasadeo ben nestas festas; asustade moito á xente... e Boas lecturas!