miércoles, 15 de junio de 2022

Guía de lecturas para verán

Aquí tendes a guía de lecturas para este verán 2022. Foi elaborada polos equipos de biblioteca dos centros de Ames, incluída biblio Barouta. 

Esperamos que teñades moi boas lecturas este verán!

miércoles, 18 de mayo de 2022

Letras Galegas 2022

Este ano, o Día das Letras Galegas dedicouse a Florencio Delgado Gurriarán, escritor e poeta nado en Córgomo (Vilamartín de valdeaorras) e exiliado a México após a Guerra Civil.

Para coñecer un pouco máis sobre a súa figura, en biblio Barouta organizamos un escape room con pistas para responder a varias preguntas sobre a súa vida. Así, puidemos completar un póster cos versos do poema "Vente, ventiño do norte".

Ademais, asistimos a un consertasso de Brais das hortas, que nos ofreceu un espectáculo musical cheo de humor que combinaba xéneros de todo tipo. 

Tamén escribimos poemas relacionados con elementos da natureza, que se materializaron nunha revista, "Baroutófilas", facendo honra a un dos pseudónimos que empregaba Florencio nas súas obras, "Korgomófilo". E non podemos esquecer as chapas que recibimos cunha preciosa ilustración de Florencio, feita por Paula Casal (mestra de E. Infantil e coordinadora do EDLG).

Como colofón final, tivemos a visita de Héctor Cajaraville, autor do libro "Florencio Delgado Gurriarán. Polos vieiros da saudade", que nos achegou outra perspectiva sobre o homenaxeado.

Que ben o pasamos! Aquí 👇 podedes ver algunhas fotos das actividades.

viernes, 22 de abril de 2022

Semana do Libro

Esta semana, con motivo da celebración da Semana do Libro, tivemos en biblio Barouta ao autor Luis Vallecillo, "Papabuis", que veu presentarnos a animación musical "A linguaxe esquecida".

No espectáculo, Papabuis comeza unha viaxe que é unha promesa familiar, percorrer "O camiño de Santiago". Nel vivirá catro aventuras nas que descubrirá as claves para atopar un tesouro agochado no mesmo corazón das persoas: a linguaxe universal a través da cal todas e todos podemos conectarnos e crecer como comunidade. Tamén nos presentou algunha canción (Amodiño, A Galiña Azul...) do autiolibro-disco "Cantamos?".

Ademais, nesta semana tan especial, tamén preparamos un pequeno expositor no que se explica brevemente a historia do libro, e onde o alumnado puido contestar a 5 preguntas sinxelas para conseguir un marcapáxinas.

Deixamos aquí unha presentación curtiña con algunhas fotografías.

sábado, 2 de abril de 2022

Día das Artes Galegas

O pasado día 1 de abril celebrouse o Día das Artes Galegas, dedicado á figura de Laxeiro. 

Posto que o PDI deste curso xira arredor das artes, desde biblio Barouta propuxemos a creación dun mural colectivo, homenaxeando ao pintor. Este foi o resultado:

martes, 22 de marzo de 2022

Día Mundial da Poesía

Como cada ano, o 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía.

Na biblioteca de Barouta, puxemos en marcha o libro colaborativo "Embaroutándonos coa poesía", que vai pasando por todas as clases do cole para que o alumnado o poida encher de poesías.

Ademais, en Educación Infantil leron tres poemas e ilustráronos cuns murais que serviron para decorar a biblio.

En Educación Primaria leron unha selección de poemas, incluídos algúns dos escritos no libro colaborativo. O alumnado de 6º de primaria foi o encargado de gravar un podcast con estas lecturas.